ACTUALIZÁNDONOS

Xornada de Anpas Galegas ao redor da Innovación Educativa na Escola Pública

Sábado 20 de Maio do 2017 | Panxón (Nigrán)

PROGRAMA

Sábado 20 de Maio

10:00 Apertura da Xornada a cargo das concellarías de educación e Alcaldías do Valmiñor e o presidente de Anpas Galegas, Javier Sánchez.

Apertura do Espazo de Crianzas. É necesario inscribir ás nenas ou nenos. Prazas limitadas.

10:15 Mesa Redonda: Camiños

12:00-12:15 Pausa

12:15 Mesa Redonda: Realidades

14:00 Xantar

16:00 Obradoiros e Falas

18:00-18:15 Pausa

18:15 Mesa redonda: Diversidades

MESAS REDONDAS

1. Camiños

Modera: Ana González Vázquez, Xefa do Departamento de Orientación do IES 1º de Marzo de Baiona

Interveñen:

Mónica Martínez Baleirón. Asesora da Dirección Xeral en Innovación Educativa da Xunta de Galicia

Yolanda Martïn Sánchez. Mestra de educación infantil e primaria. Diplomatura sobre cultura de Paz e Diploma en Antropoloxía Aplicada ao Benestar Social. Mestra con experiencia en proxectos públicos de innovación pedagóxica, na actualidade traballando na Escola Congrés-Indians. Formadora de mestres e asesora de escolas en temas relacionados coa educación viva e activa

Solasgune - Ikaskuntza eta Komunitatea (Aprendizaxe e Comunidade)

2. Realidades

Modera: Nano Portela, Director do Centro Plurilingüe CEIP Souto-Donas de Gondomar

Interveñen:

CRA Antía Cal de Gondomar

Mª del Camino Pereiro González, Mestra de Ed. Primaria e directora do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero

María Castro Nine, Xefa de estudos do CEIP de Viñagrande-Deiro

3. Diversidades

Modera: Iria Aguiar Riveiro, Directora do CEIP Da Cruz - Camos de Nigrán

Interveñen:

CEE de Panxón e os problemas graves de conduta

Soledad Fernández Costas. Coordinadora Galega da Fundación Daniela de transexualidade na Infancia

Asociación Diversidades e CPI do Toural. A inmigración na escola pública galega

Fundación Igual Arte e as diferentes capacidades

OBRADOIROS E FALAS

1. Achegamento a lectoescrita nunha Aula amable

A cargo de Karina Mouriño da EEI Taboexa das Neves

2 . Crecer Xogando Coas Matemáticas No Día a Día (Obradoiro de Matemáticas Activas)

A cargo de Rosa Graña e Renato Domínguez

3. Obradoiro de Educación Creadora. É un taller de pintura nada convencional que busca recuperar o xogo de pintar baseándose na diverxencia do grupo e o respecto polo outro. Un lugar onde non se compara, non se compite, non hai xuízo. Un lugar onde os materiais cos que se traballa son exquisitos e onde o espazo esta pensado para xerar un mundo mellor...

A cargo de Andrea Borda

4. Proxecto práctico no que se empregarán as tecnoloxías emerxentes -programación e robótica- e tradicionais –programa de radio- como ferramentas de traballo na aula

Impartido polo alumnado de 5º e 6º de primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero

ESPAZO DE CRIANZA

Apertura: 10:00 do Sábado 20 de Maio

Necesario inscribir aos nenos ou nenas. Prazas limitadas

Obxectivo:

Sendo esta unha experiencia puntual, trataremos de amosar un xeito respetuoso de acompañar as aprendizaxes das crianzas.

Crearemos na medida do posible un espazo coidadoso, con materiais naturais (madeira, lá...) e propostas que posibiliten habilidades artísticas, manuais, de relación co entorno e co ciclo de vida...

Un espazo no que se poidan desenvolver en liberdade sen necesidade de indicacións, movidos únicamente, polo seu propio interés.

Crearemos para elas un espazo no que se sintan respectadas en convivencia tranquila.

Será levado por:

Isabel Campos Fernández

Mestra de educación infantil con formación en pedagoxía waldorf

Monitora en actividades extraescolares de actividade artística

Orientadora en ambientación de espazos educativos de etapa infantil

Formadora de profesionais da educación en recursos pedagóxicos de inspiración waldorf

Marta Liñares Fontán

Acompañante no proxecto da escoliña de Vilar

Formación en pedagoxías respectuosas

INFORMACIÓN ÚTIL

UBICACIÓN

Instalacións do CPI Arquitecto Palacios de Panxón e no CEE de Panxón.

(Ámbolos dous atópanse no mesmo recinto).

XANTAR

Elaborado polo Obradoiro de Emprego Terras do Miñor V, un programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas e Promovido pola Mancomunidade do Valmiñor.

CONTACTO

xornadasanpas@gmail.com

651 763 014 - Andrea

INSCRICIÓNS: ESPAZO DE CRIANZA / XANTAR

As prazas no ESPAZO DE CRIANZA e no XANTAR están completas

* Se non recibiches a confirmación da túa inscrición, por favor ponte en contacto coa organización a través do correo electrónico xornadasanpas@gmail.com

A asistencia á Xornada é libre e gratuíta. Non é necesaria inscrición previa para o resto de actividades.
Flecha Subir